CRTVG

Buscar

Os alugueiros de verán en Galicia: entre 1.300 e 2.600 euros ao mes dependendo do mes e da zona

Publicado o 29/06/2021 14:31

Desde as Rías Baixas ata a Mariña, a oferta de alugueiros vacacionais na costa ten opcións para todos os petos. As alternativas son múltiples dependendo da duración, primando os alugueiros por quincenas ou meses completos.

Se falamos dun piso de 2 cuartos, para 3 ou 4 persoas situado en primeira ou segunda liña de praia os prezos medios segundo a zona e o mes nunha praia do concello de Nigrán oscilarían entre os 2.000 euros no mes de xullo e os 2.600 no de agosto.

Prezos un pouco máis accesibles na ría de Noia. En Portosín, 1.200 euros se alugamos en xullo e ata 1.500 en agosto. Prezos similares na ría de Muros. Se nos desprazamos cara á Costa da Morte, na zona de Carnota o prezo medio durante o verán rolda os 1.300 euros o mes.E se o destino elixido é a Mariña lucense os prezos móvense entre os 1.500 euros no mes de xullo e os 2.000 do mes de agosto.

Prezos que espertan diferentes valoracións. Unha oferta que permite contar con preto dun cen por cento de ocupación en moitos puntos da costa galega que é a terceira máis solicitada de España.

 

Noticias web

29/06/2021