CRTVG

Buscar

Os alfombristas de Ponteareas preparan as flores para adornar as rúas da vila

Publicado o 21/06/2019 14:23

Tamén están pendentes do ceo en Ponteareas, en plena conta atrás xa para a Festa do Corpus Christi, declarada de Interese Turístico Internacional. Os alfombristas estes días centran o seu traballo en preparar as flores para comezar mañá a adornar as rúas con múltiples deseños. Este ano Ponteareas superará o quilómetro en superficie lineal de alfombras. Concretamente, os asistentes poderán percorrer 1.100 metros de adornos florais. Uns deseños que se cobren con elementos como tuia, mimosa, casca de piñeiro e flores de todo tipo. Nesta ocasión, o Corpus de Ponteareas contará coa presenza dunha delegación de México que tamén elaborará a súa alfombra.
 

Noticias web

21/06/2019