CRTVG

Buscar

Os alérxicos a algún alimento tardan tres veces máis tempo en facer a compra

Publicado o 09/02/2018 21:15

 

Os alérxicos a algún alimento tardan tres veces máis en facer a compa que as persoas que non o son, segundo un recente estudo. Para facilitar esta tarefa as asociacións de afectados por alerxias e intolerancias están a crear aplicacións para móbiles que detectan en segundos os alérxenos de declaración obrigatoria.

Os alérxicos  vense obrigados a ler as etiquetas dos produtos. Así, está comprobado que unha persoa con algún tipo de alerxia ou intolerancia emprega unha media de 87 minutos e facer a compra no supermercado. Para unha persoa sen alerxias, esta tarefa redúcese a 32 minutos.
As etiquetaxes dos produtos melloraron substancialmente, xa que agora hai 14 alérxenos de declaración obrigatoria, é dicir, produtos que os fabricantes teñen que resaltar nas etiquetas.

"Dunha maneira moi especial hai que resaltar ou ben poñer en letra de distinta cor ou ben subliñar en negriña aqueles ingredientes que chamamos alérxenos, é dicir, que poden ter unha repercusión en determinadas persoas que poden ser alérxicas", sinala Sol Vázquez Abeal.

Aínda así, as novas tecnoloxías están a axudar neste sentido. Comezan a aparecer novas aplicacións para teléfonos móbiles coas que lendo os códigos de barras, permiten saber en segundos se un produto contén algún alérxeno.

"Si, nós na nosa asociación temos unha aplicación onde temos todos os produtos que podemos tomar. Entón con esta aplicación imos ao supermercado e miramos por marcas os produtos que nós podemos tomar", afirma Miguel Ángel Faraldo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2018