CRTVG

Buscar

Os alergólogos desmenten que as persoas alérxicas sexan máis sensibles á COVID-19

Publicado o 05/05/2020 16:14

No Día Mundial da Asma, os alergólogos desmenten que as persoas que a padecen sexan máis sensibles á Covid-19.

235 millóns de afectados no mundo, 200.000 pacientes de asma en Galicia e malia as informacións confusas que se difundiron ao principio, as autoridades médicas insisten en que non son un grupo de risco ante a Covid-19.

A disnea, a dificultade para respirar, pode semellar un síntoma común pero exprésase dun xeito diferente. Nos alérxicos sempre ante a presenza do alérxeno.

Na desescalada, estes primeiros paseos cadran coa presenza na atmosfera do que é, despois do pó, o alérxeno con máis incidencia en Galicia, o pole de gramíneas. Protexerse e utilizar a medicación é agora o máis importante.

Noticias web

05/05/2020