Os albergues públicos do Camiño en Galicia preparan a súa apertura
A porta deste albergue da Casa da Pescadería estaba aberta e os peregrinos entraban preguntar xa hoxe se había aloxamento. O establecemento, incluído na rede pública de albergues da Xunta, abrirá o martes. Cada peregrino debe traer o seu saco de durmir e recoméndaselle o uso de máscara pola noite.
"Agardamos a este momento para que a oferta de albergues privados puidera antender os peregrinos e agora hai máis demanada, que pode ofertar o sector privado", di Emilio de la Iglesia, xerente de Turismo de Galicia.
E é que na primeira semana de xuño chegaron a Compostela máis de 2.400 camiñantes. "Moita xente", "dende Sarria atopamos máis xente", aseguran dous camiñantes.
Nos albergues, o límite de ocupación nas zonas comúns será do 50 %, nos cuartos redúcese ao 30, salvo para os grupos burbulla.
"Temos unha páxina web porque por mor da pandemia recomendamos vir con reserva, os peregrinos están no camiño e queren empezar a usar os albergues públicos", di o xerente de Turismo de Galicia.
A metade dos albergues que permaneceran pechados abrirán o un de xullo.