CRTVG

Buscar

Os albergues poñen a súa esperanza en agosto

Publicado o 01/08/2020 21:57

Un dos puntos claves dos camiño francés é Portomarín. Hai uns meses sería inconcebible ver a praza central así a primeiros de agosto, pero esta distopía aciaga que vivimos trae, tamén, esta imaxe de albergues e pensións pechadas por falta de clientes. Nos establecementos que están abertos os datos tampouco son moi positivos.

Nun hotel comentan que setembro é un mes tipicamente de peregrinos estranxeiros, e que polo de agora, xa levan moitas cancelacións. Porén, mantense a ilusión parao o 2021, Ano Santo.

Nas paredes dos establecementos os letreiros piden sentidiño e lémbranlle aos peregrinos a necesidade de rexistrarse nunha páxina da Xunta, segundo a súa procedencia.

Noticias web

01/08/2020