CRTVG

Buscar

Os agricultores de Huelva bloquean con tractores a autoestrada A-49

Publicado o 27/02/2020 17:38
Os agricultores de Huelva bloquean con tractores a autoestrada A-49

En Andalucía continúan as mobilizacións agrarias para reclamar uns prezos xustos en orixe.
Os agricultores de Huelva bloquearon con tractores a autoestrada A-49, que une Ayamonte con Portugal. A intención deste bloqueo é que o conflito se internacionalice e chegue a Europa. Os produtores tamén repartiron amorodos en sinal de protesta. Din que cos prezos actuais non cobren nin os custos de produción.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2020