CRTVG

Buscar

O frío e os agasallos tecnóloxicos case non deixan pegada do Día de Reis nas rúas

Publicado o 06/01/2021 15:43

Portas para fóra non é tan doado ver que estamos no Día de Reis. O frío e os xoguetes tecnolóxicos fan que na rúa sexan contadas as imaxes doutros tempos dos nenos gozando dos xoguetes novos.

Iago e Roque van camiño da casa dos avós para ver que deixaron alí os Reis. Roque espera que sexa a furgoneta que pediu. Iago non espera nada porque xa está máis ca confome co que lle deixaron na sua casa, sobre todo, co superpatinete que quería. 

Marcela está dando as primeiras voltas coa sua bicicleta nova e xa case se ve circulando con ela sen problema. Os Reis trouxéronlle outras cousas que lle gustan tanto ou máis ca bici.

"Os rotuladores de pintar nos cristais".

Pero esta orde de preferencias non é a habitual para a maioría dos pequenos.

"Non teñen tanta paciencia, coas consolas e os móbiles tirán máis por aí", di a nai de Álvaro, que pediu un videoxogo para a consola. 

Algúns prefiren pedirlle os agasallos a Papá Noel para que lles cheguen antes, outros esperar polos Reis para repartir mellor o traballo, pero sexa por un lado ou por outro, todos parecen máis que satisfeitos.

"A verdade, non quería pedir máis cousas, pero trouxéronme máis da conta", di Marcela.

Noticias web

06/01/2021