CRTVG

Buscar

Os afiliados de Cs en Galicia votan para escoller os seus candidatos para as eleccións autonómicas

Publicado o 22/02/2020 13:13

Esta fin de semana os afiliados de Ciudadanos en Galicia votarán para escoller ao candidato a encabezar a súa lista para as eleccións autonómicas do vindeiro 5 de abril. Paralelamente, os afiliados da formación laranxa, elixen aos compromisarios para a asemblea que celebrarán en marzo.


Unha votación na que o vicepresidente de Ciudadanos de Castela e León, Francisco Igea, da corrente crítica, terá ocasión de medir as súas forzas fronte a dirección interina. A emenda promovida por Igea, pretende entre outras cousas, dar máis voz a militancia. O seu proxecto choca co que ten Inés Arrimadas, defensora de ter baixo control aos territorios, evitando un modelo de baronías para o partido laranxa.

Noticias web

22/02/2020