CRTVG

Buscar

Os afectados polos ERTE que aínda non cobraron pídenlle axilidade ao Goberno

Publicado o 22/05/2020 14:24

Alex é un dos 240.000 galegos afectados por un ERTE. A día de hoxe non percibiu nin a mensualidade de marzo nin a de abril, nin tampouco explicacións.

Tampouco Tamara recibiu nin nun euro. Cunha filla pequena fáiselle costa arriba.

Os xestores administrativos cifran en 900.000 os traballadores en ERTE que aínda non recibiron ningunha axuda, entre eles 65.000 galegos. Outros afectados como Rubén, por exemplo, si chegaron a cobrar pero con atraso.

A súa parella tamén está en ERTE. Traballan neste restaurante ao que acode desde que poden, case a diario, preguntar cando volverá a normalidade.

O Goberno di que o colapso no Servizo Público de Emprego Estatal está resolto e isnta aos que non cobraron a que contacten co organismo.

Noticias web

22/05/2020