CRTVG

Buscar

Queixas de lentitude nas evacuacións e recuperación de cadáveres nas Bahamas

Publicado o 08/09/2019 14:00

O Dorian chegou ás provincias marítimas do leste do Canadá. Fíxoo con máis forza da prevista, ao subir a intensidade dos ventos ata os 155 quilómetros por hora. Está lonxe de ser o furacán que azoutou as Bahamas pero as autoridades advirten da súa perigosidade.

Nas Bahamas hai xa unha semana que destruíu boa parte das illas Ábaco e Gran Bahama e centos de persoas que o perderon todo continúan esperando a ser evacuadas.

Un ex-procurador xeral do arquiplélago denunciou que as evacuacións se están realizando de forma lenta e discriminatoria, que se prioriza a funcionarios, executivos, estranxeiros e persoas con contactos.

Esta supervivente di que só quere marchar, que non se pode vivir, que non hai auga, nin electricidade, que van morrer.

A maior preocupación é que se propaguen enfermidades como o cólera debido á insalubridade e ás augas estancadas.

Un home explica que todo vai moi amodo. Di que nin recollen os cadáveres, que continúan espallados.

De momento, as autoridades do arquipélago deron conta da recuperación de 43 corpos, se ben admitiron que os desaparecidos son centos ou quizáis milleiros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/09/2019