Os afectados polas obras da ponte de Rande na AP-9 chegan hoxe aos xulgados
Esta mañá o Xulgado do Mercantil de Pontevedra acolleu a vista previa polo cobro destas peaxes, que tanto a fiscalía coma a plataforma En-Colectivo consideran indebidas. Non houbo acordo entre as partes e, polo tanto, o xuíz sinala para os próximos 11 e 12 de febreiro o xuízo que deberá determinar finalmente quen leva a razón. Polo momento, son 200 os afectados que consideran que Audasa non prestou neste tempo os servizos requiridos nunha autoestrada, pero desde o colectivo animan a unirse todos aqueles que se consideren prexudicados.
Tres anos de obras en Rande que provocaron, din os condutores afectados, retencións e atascos continuos. Un servizo deficiente que non garantía a seguridade e a velocidade requiridos nunha autoestrada polo que seguiu cobrando
A demanda presentada pola fiscalía e apoiada pola plataforma En Colectivo, que agrupa uns 200 afectados, chegará en febreiro aos xulgados despois de que o xuíz admitira a trámite esta reclamación. Audasa non recoñece os prexuízos causados polas obras. Desde a plataforma de afectados animan os condutores a reclamar.
De saír adiante esta demanda, os afectados consideran que podería sentarse un importante precedente no caso de obras na vía e de retencións nas peaxes, no caso das autoestradas.