CRTVG

Buscar

Os aeroportos de Portugal recuperan a actividade tras a folga na xestión de equipaxes

Publicado o 19/07/2021 21:23

Os aeroportos portugueses recupéranse da folga da empresa de xestión de equipaxes que afectou o 75% dos voos esta pasada fin de semana e os pasaxeiros que quedaron en terra buscan voar como sexa.

Centos de persoas reclaman ser incluídos nos voos canto antes para volver ás súas casas ou non perder máis días das súas vacacións. Pero hai moito que resolver: só no aeroporto do Porto están amoreadas as maletas de case 500 voos. Os traballadores din que a normalidade non se alcanzará ata dentro duns días. 

Os traballadores lamentan os danos, pero denuncian grandes atrasos nos pagamentos. Hoxe no Porto non houbo folga, pero co aeroporto sumido no caos é o momento das reclamacións. 

En breve volverá a normalidade aos aeroportos portugueses, pero outra folga convocada para dentro dúas semanas ameaza con que se repita esta situación se non chegan a un acordo. 

Noticias web

19/07/2021