CRTVG

Buscar

Os aeroportos galegos superan os cinco millóns de pasaxeiros

Publicado o 13/01/2020 15:19

Segundo datos de AENA, o 2019 converteuse no ano con mellores rexistros para a rede aérea galega, con 5,2 millóns de pasaxeiros entre as tres terminais, un incremento do 3,6 % con respecto ao ano anterior.

Na Lavacolla houbo preto de 3 millóns de pasaxeiros, un 6,5 por cento máis ca en 2018. O aeroporto que máis medrou foi o de Alvedro, que sumou un 10% e chegou a 1,35 millóns de pasaxeiros. O aeroporto de Vigo logrou superar o millón de pasaxeiros malia perder un 10%.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2020