CRTVG

Buscar

Os aeroportos galegos recuperan aos poucos os voos con Madrid

Publicado o 12/01/2021 16:32

Os aeroportos galegos recuperan pouco a pouco a normalidade tras as cancelacións pola borrasca Filomena. Esta mañá chegaba a Peinador o primeiro voo procedente de Madrid desde o pasado venres pola noite. Os pasaxeiros sufriron longas horas de espera.

Chegaba con atraso a Peinador o primeiro voo Madrid-Vigo desde que o pasado venres pola noite se cancelaran todas as operacións no aeroporto madrileño polos efectos da borrasca. Os pasaxeiros do voo que chegaba sobre as 12 e media do mediodía a Peinador levaban días de espera e cancelacións para poder viaxar ata Vigo.

Deste xeito recupérase a normalidade nos aeroportos galegos, pero pouco a pouco xa que non se reestableceron as conexións na súa totalidade. Por exemplo, o voo das 5 e media procedente de Madrid está cancelado. 

É o primeiro voo que consegue chegar a Vigo desde que o pasado venres o aeroporto madrileño cancelara todas as operacións. Esperas que tamén sufriron os que querían realizar a viaxe á inversa cara a Madrid e que tiveron que esperar a este martes para poder facelo.

 

Noticias web

12/01/2021