CRTVG

Buscar

Os aeroportos galegos gañaron máis de 18.000 pasaxeiros o mes pasado

Publicado o 14/06/2018 09:08

Os aeroportos galegos gañaron máis de 18.000 pasaxeiros no mes de maio. En total, no que levamos de ano pasaron polas tres terminais 117.000 persoas máis que nos cinco primeiros meses do ano pasado.

O aeroporto da Lavacolla segue estando á cabeza. A estas alturas do ano xa rompeu a barreira do millón de usuarios. Foron preto de 250.000 no pasado mes de maio, un 3,3 por cento máis que hai un ano. Con todo, o que experimentou unha suba maior foi o de Alvedro, con case un once por cento máis de viaxeiros en maio. A Peinador pasoulle factura a desconexión do sistema de aterraxe con néboa, e descendeu lixeiramente o mes pasado.

Os aeroportos galegos gañaron máis de 18.000 pasaxeiros no mes de maio. En total no que levamos de ano pasaron polas tres terminais 117.000 persoas máis que nos cinco primeiros meses do ano pasado.

O aeroporto da Lavacolla continúa liderando o tráfico dos aeroportos galegos. En maio saíron ou chegaron á terminal compostelá un 3,3 por cento máis de pasaxeiros ata chegar ás máis de 245.000 persoas e conseguir superar o millón por primeira vez na súa historia nestes primeiros cinco meses do ano, sumando máis da metade do tráfico aéreo galego. 

Alvedro é o que rexistra un maior incremento. Sobe case un once por cento ata aproximarse aos cen mil pasaxeiros en maio. 

Peinador é o que ofrece un peor resultado no mes pasado, sen practicamente variación con respecto ao maio do ano anterior. Non obstante, ese dato está condicionado polas obras do sistema de axuda á aterraxe que obrigaron a desviar e cancelar voos. No acumulado deste 2018 Peinador é precisamente o que máis medra, cun 9 por cento máis de viaxeiros.

En total 1.931.536 viaxeiros pasaron polas tres terminais galegas nos cinco primeiros meses do ano, e que veñen sendo un seis por cento máis das que o fixeron nos mesmos meses do ano pasado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/06/2018