CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Os aeroportos galegos alcanzaron no 2016 o segundo mellor rexistro da súa historia en volume de usuarios

Publicado o 11/01/2017 14:47
Os aeroportos galegos alcanzaron no 2016 o segundo mellor rexistro da súa historia en volume de usuarios. Segundo cifras oficiais de Aena, lograron superar os 4,52 millóns de pasaxeiros, marca que só se superou no ano 2007.





O ano 2016 pasará á historia da aviación en Galicia como o segundo mellor en volume de usuarios. Mentres que A Lavacolla establece o seu novo récord en 2,51 millóns de viaxeiros, Alvedro volveu superar o millón e Peinador foi a terminal que máis creceu en España. Así, Aena coloca A Lavacolla como o décimo sexto aeroporto do país ao pasar por primeira vez a marca de 2,5 millóns, e a Alvedro e a Peinador nas terminais vixésimo primeira e vixésimo segunda, respectivamente.

Mentres que a pista compostelá viu crecer nun 9,3% o seu volume de usuarios respecto do 2015, a terminal coruñesa fíxoo nun 3,7% e Peinador nun 33,7%. Este último conseguiu, de feito, mellorar os resultados dos catro anos anteriores, o que lle levou a converterse no aeroporto español que máis crecemento logrou nos últimos doce meses. Baraxas, pola súa parte, rexistrou tamén un 7,7% máis de pasaxeiros que en 2015.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí