CRTVG

Buscar

Os adornos florais volven polo Corpus e os alfombristas celébrano xuntos en Santiago

Publicado o 14/06/2020 09:56

A celebración do Corpus deste ano tamén vai ser moi diferente. O coronavirus impide as celebracións multitudinarias, pero en moitas vilas galegas levan días traballando na preparación das alfombras.

Os alfombristas non queren que a festividade do Corpus 2020 quede sen adornos florais e mesmo marcaron como obxectivo recuperalas en cidades como Santiago, que nos últimos anos foran desaparecendo en diferentes barrios. A Federación de Alfombristas Efémeros de Galicia reuniu, por primeira vez, membros de toda Galicia para confeccionar estas alfombras en San Francisco e San Frutuoso.

 

Noticias web

14/06/2020