CRTVG

Buscar

Os adolescentes do medio rural consomen menos alcol e drogas que os que viven nas cidades

Publicado o 09/05/2019 18:24

Os adolescentes do medio rural cosomen menos alcol e drogas que os que viven nas cidades, segundo un estudo realizado pola Universidade de Santiago e o Concello de Ames. O mesmo estudo di que aumenta o consumo de cánnabis e que a Internet e as apostas xeran adiccións perigosas.

Os mozos do concello de Ames, A Coruña, cosomen menos drogas e alcol que os da veciña cidade de Santiago, pero máis que os de zonas máis rurais. É unha das conclusións ás que chegou o profesor de Psicoloxía da Universidade de Santiago Antonio Rial, que coordinou un estudo con máis de mil rapaces de entre 12 e 18 anos dos centros educativos de Ames e outros a nivel galego.

Antonio Rial, profesor de Psicoloxía da Universidade de Santiago experto en adiccións: "Ten algo que ver o tipo de familia, o estilo de vida. Canto máis rural, canto máis a familia é tradicional, con normas, con limites, cunha serie de valores...."


O estudo advirte de que as conductas aditivas de risco non só afectan a consumo de substancias.

Antonio Rial, profesor de Psicoloxía da Universidade de Santiago experto en adicións: "Repunta o consumo de cánnabis e non desaparece o problema do alcol, as borracheiras seguen sendo preocupantes. Ollo coas novas substancias e as novas prácticas de consumo, descenden as idades de inicio, incorpóranse as mozas e o gran problema das redes soiais e dos videoxogos. Moito ollo co xogo, coas apostas."

Segundo Rial, o deporte federado reduce nun 50% as adiccións en xeral, pero é un factor de risco no caso das apostas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/05/2019