CRTVG

Buscar

Os adolescentes consomen menos cocaína e máis drogas legais

Publicado o 19/11/2019 20:43

Unha enquisa realizada entre os estudantes de 14 a 18 anos conclúe que o consumo de cocaína descende a mínimos históricos, pero aumenta o consumo de cánnabis a través dos cigarros electrónicos.

A delegada do Goberno para o Plan Nacional de Drogas asegura que a metade dos que empezaron a fumar nos dous últimos anos fíxoo cun destes dispositivos, mentres que a ministra de Sanidade apostila que os adolescentes se 'enganchan' ás novidades e ás modas con moita facilidade.

As drogas legais, alcol e tabaco, son as máis consumidas. Case un 80% probou o alcol algunha vez , e o 12% confesan terse emborrachado no último mes, e beber en forma de enchenta. Aos 14 anos comezan a beber e adquiren a esa idade o hábito de fumar a diario.

"Comprobamos que, na mesma medida que aumentan os fumadores, aparecen mais casos de cancro de pulmón", di María Luisa Carcedo.

Mais do 80% dos mozos de 14 anos admiten xogar a videoxogos, e a metade deles xogan a Sport. Cun efecto secundario engadido que incide moi negativamente, segundo a ministra de Sanidade, na obesidade dos nenos. 

Sanidade alerta da facilidade dos adolescentes para acceder ás drogas. O 90% dos enquisados aseguran que non teñen ningunha dificultade para conseguir alcol, tabaco ou cánnabis.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2019