CRTVG

Buscar

Os administradores recomendan aprazar as xuntas veciñais

Publicado o 09/09/2020 14:39

Evitar que as xuntas veciñais se convertan en foco de contaxio. É o obxectivo da guía de recomendacións preventivas ante o coronavirus, dirixida ás comunidades de propietarios. 

En caso de non ter asuntos urxentes que tratar, hai unha recomendación esencial. Aprazar as xuntas veciñais "polo menos ata o ano que vén, que tal vez teñamos xa unha vacina", di Carmela Lavandeira, vicepresidenta do Colexio de Admistradores de Fincas de Galicia

Limitar a duración das reunións, promover a asistencia de só unha persoa por propiedade, evitando os colectivos vulnerables.

Tamén evitar reunirse en lugares que dificulten manter as distancias de seguridade, como garaxes, portais ou zonas de paso, son outras das pautas a seguir. E por suposto, responsabilidade individual.

A guía xa se pode consultar nas páxinas web do Instituto Galego de Vivenda e Solo e do Colexio Oficial de Administradores de Parcelas de Galicia.

Noticias web

09/09/2020