CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

Os adegueiros da Ribeira Sacra encóntranse en plena campaña da poda

Publicado o 21/01/2018 13:17

A bebida forma parte tamén da alimentación. De viño imos falar agora. Coma no resto das zonas de produción vitivinícola, os adegueiros da Ribeira Sacra están en plena campaña da poda. Deste traballo dependerá a produtividade das cepas e mais a calidade do viño na vindeira colleita.

É tempo de poda nas zonas de produción de viño. Na Ribeira Sacra, os adegueiros adoitan limitar a dúas o número de varas por cepa. Por cada xema que se deixe, as vides darán entre dous e tres acios de uva.

Da poda dependerá a produtividade das cepas e incluso a calidade do viño na vindeira colleita. De aí a importancia destes traballos para os adegueiros.

Para as cepas novas, recomendan que se poden durante a lúa nova, mentres que para as vellas aconsellan que se faga durante as lúas chea ou minguante.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí