CRTVG

Buscar

Os acusados polo crime de Samuel contradinse e acúsanse nas súas declaracións

Publicado o 11/08/2021 14:30

Kaio acusa os que eran os seus amigos, Diego e Alejandro, de ser os que agriden a Samuel ata tiralo ao chan. Na súa declaracióin mantén que, malia separalos, os dous seguiron golpeando o mozo, mesmo cando Ibrahima e Magatte tentaron axudalo a librarse dos seus agresores sen conseguilo.

Dende Alas A Coruña, asociación persoada na causa como accusación popular, manteñen que "unha cousa é o que nós poidamos pensar a nivel moral e outra o que diga a xustica en canto a onde está a responsabilidade de cada un dos investigados".

O auto tamén sinala que a moza Kathy, en liberdade con cargos, asegurou que non coñecía a Samuel e que non o increpara nin insultara. Mantén que só empuxou á amiga que o acompañaba para evitar que tamén ela fora golpeada pero logo marchou do lugar dos feitos.

Ana García, de Alas A Coruña, asegura que "nós dende o primeiro momento no que as testigos presenciais sinalaron este tipo de berros, tivemos claro que había un caso claro de homofobia pero iso debe xulgarse neste proceso xudicial".

Dende Alas Coruña lamentan as filtracións que se están a facer do procedemento xudicial por respeto á familia, aos amigos e ao propio Samuel e só piden xustiza e respecto.

A investigación para esclarecer o acontecido na noite do 3 de xullo entre o paseo marítimo de Riazor e a avenida de Bos Aires continúa aberta, pendente de que se poida producir nivas detencións e se presenten máis probas. Polo momento, a causa séguese por un delito de homicidio ou asasinato, pendente de concretar ao longo da instrución.

Noticias web

11/08/2021