Os acusados polo crime da Esmorga sinálanse entre eles
Publicado o 25/04/2019 16:17
Entre as testemuñas, hoxe prestou declaración a muller dun dos acusados, Eduardo López, que tamén estaba na vivenda de Cameixa, en Boborás, onde comezou a liorta. Afirmou que quen mallou na vítima era o outro encausado, Óscar Estévez. Recoñeceu, así e todo, que cando soubo que aparecera un cadáver no encoro de Albarellos, pensou que foran eles.
Segundo outras testamuñas que tamén pasaran con eles esa noite de esmorga, din que Óscar chegou a recoñecer que o tirara pola canle do río Viñao. A Fiscalía e a acusación particular manteñen a coautoría e piden para cada un entre 18 e 25 anos de cárcere. Mañá haberá unha nova sesión do xuízo con xurado popular en queue está previsto que declare a nai da vítima, o mozo de 22 anos Alexandru Walter.