CRTVG

Buscar

Os 356 migrantes do Ocean Viking desembarcan en Malta

Publicado o 24/08/2019 14:53

Os 356 migrantes rescatados polo Ocean Viking, que levaban dúas semanas no mar, puideron finalmente desembarcar en Malta. Chegaban esta madrugada a bordo dunha patrulleira maltesa, á que foron evacuados desde o barco de Médicos sen Fronteiras. O goberno da illa autorizou o desembarco despois do acordo ao que chegaron seis países europeos para acoller os migrantes.

 O Audaz, fondeado preto de Lampedusa

O buque da armada española Audaz mantense en Lampedusa agardando acontecementos. Fontes do Estado Maior da Defensa explican que o barco estará fondeado nas proximidades da illa ata que a xustiza italiana e a Unión Europea digan cando e como queren proceder para a recolllida dos inmigrantes. España farase cargo de 15 persoas segundo o reparto fixado pola Comisión Europea que tamén inclúe a Alemaña, Francia, Luxemburgo e Portugal. 

Noticias web

24/08/2019