CRTVG

Buscar

Os 33.000 incendios na Amazonia brasileira no que vai de ano queiman o principal pulmón do planeta

Publicado o 22/08/2019 10:06

Arde a Amazonia brasileira, o principal pulmón do planeta, onde no que vai de ano se rexistraron máis de 33.000 incendios forestais e o lume ameaza parques nacionais e reservas indíxenas.

A pesar de que os expertos relacionan estes incendios coa política medioambiental do Goberno brasileiro, o presidente Bolsonaro réstalles gravidade e apunta, sen probas, ás ONG.

Desde a fronteira do Perú á de Venezuela, os incendios forestais multiplícanse a un ritmo nunca antes visto na Amazonia brasileira.

Máis de 33.000 no que vai de ano, segundo os datos do Instituto Nacional de Investigacións Espaciais, o que representa un 60% máis que a media dos últimos tres anos.

Segundo os expertos, os incendios estarían relacionados coas políticas do goberno de Jair Bolsonaro, máis interesado en favorecer os intereses da industria agroalimentaria e mineira que na protección do medio ambiente. 

O presidente brasileiro apunta ás ONG, pero non achega probas: "O asunto dos incendios na Amazonia ao meu entender pode estar potenciado polas ONG, porque é perder o maná, coa intención de traer problemas para O Brasil".

Os incendios forestais afectan zonas protexidas da Amazonia como o Parque Nacional dos Guimarães no estado do Mato Grosso e as reservas indíxenas no de Rondonia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/08/2019