CRTVG

Buscar

Os 30.000 afectados galegos polo 'dieselgate' teñen ata o 30 de xuño para sumarse á demanda colectiva

Publicado o 18/06/2019 20:10

Os 30.000 afectados galegos polo chamado dieselgate teñen ata o 30 de xuño para sumarse á demanda colectiva  contra Volkswagen. Son xa 450.000 demandantes, e poderían conseguir en Alemaña o prezo íntegro do seu coche, ou un vehículo novo.

Xa son case medio millón os afectados polo dieselgate que se uniron á demanda colectiva contra Volkswagen en Alemaña. Un despacho de avogados de Vigo agrupa máis de 3.000 afectados, 700 deles galegos. As vías legais en España esgotáronse e incorporáronse a esta demanda masiva, a máis grande da historia de Europa. A vista preliminar será o 30 de setembro en Alemaña, e eles aceptarán novas reclamacións e documentación ata o 30 de xuño, dentro de quince días. Calculan que hai uns trinta mil afectados galegos que poden perder o seu dereito a reclamar.

As autoridades alemás acusan a Volkswagen de prexudicar deliberadamente os seus clientes coa instalación dun software que recoñecía cando os vehículos eran sometidos a probas de condución en laboratorio e así cumprían co límites de emisións contaminantes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019