CRTVG

Buscar

Os 29 colexios profesionais sanitarios galegos homenaxearán as vítimas da covid-19 o 28 de xullo en Santiago

Publicado o 30/06/2020 19:52

Os colexios sanitarios de Galicia vanlles render unha homenaxe ás vítimas da Covid-19. Será nun acto solemne o vindeiro 28 de xullo en Santiago, no Pazo de Fonseca.

Decidírono os representantes dos 29 colexios sanitarios galegos, que agrupa médicos, profesionais de enfermeiría, farmacéuticos ou psicólogos, entroutros. Despois dos meses máis duros da pandemia queren ter unha lembranza para os que perderon a vida por mor do virus.

Luciano Vidán, presidente do Colexio de Médicos da Coruña: "Queremos recoñecer non só as vítimas da pandemia, senón tamén o extraordinario e abnegado traballo dos profesionais sanitarios. Somos agora os profesionais os que imos facer ese merecido recoñecemento"

Noticias web

30/06/2020