CRTVG

Buscar

Os 27 estudan hoxe a proposta de prórroga do 'brexit'

Publicado o 21/03/2019 07:44

Theresa May diríxese á nación por televisión, á última hora da noite para pedir disculpas polo atraso na data de saída, Culpou ao Parlamento, e ligou a súa carreira política á consecución dun acordo.

"Non estou preparara para atrasar o brexit máis alá do 30 de xuño".

Esa é a data que aparece na carta que lle enviou a Bruxelas, desde onde o presidnete do Consello Europeo se amosa disposto a conceder a prórroga, pero só se hai unha votación favorable no Parlamento. Outra vez a pescada mordendo a cola antes dun cumio en que os 27 tratarán de poñer por escrito as garantías adicionais para a salvagarda irlandesa, a novidade imprescindible para que a Cámara dos Comúns admita un novo debate.

Co ambiente cada vez máis caldeado, May repróchalle aos deputados que miren o seu embigo. Entre apupos e reprimendas do presidente, dilles que mentres dilatan o brexit non están a responder a cuestións urxentes como o ensino, a seguridade, o emprego ou os hospitais.

Corbyn dille que fracasou e que lle debe dar a xente a posibilidade de votar o acordo e cambiar o goberno. Pero o líder da oposición tampouco é alleo á crise política, con medio partido reprochándolle ambigüidade por tentar contentar aos deputados das cirscunscricións que votaron masivamente a favor do brexit no referendo de 2016.

Noticias web

21/03/2019