CRTVG

Buscar

Os 15 migrantes do Open Arms asignados a España xa están no buque da Armada

Publicado o 27/08/2019 20:25

Os 15 migrantes asignados a España pola Comisión Europea dos máis de cen rescatados polo barco humanitario Open Arms xa están abordo do buque da Armada española. O Audaz recolleunos en Sicilia. Está previsto que cheguen a Cádiz dentro de dous ou tres días. A duración da travesía dependerá das condicións de navegación. Os migrantes son de sete nacionalidades e entre eles non hai ningún menor.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/08/2019