CRTVG

Buscar

O Parlamento aproba os orzamentos galegos para 2020

Publicado o 17/12/2019 10:16

• Superan os 10.000 millóns de euros e, segundo di a Xunta, son os de maior gasto social da historia

Pleno no Parlamento galego para debater e votar de xeito definitivo os presupostos para o 2020.
A capacidade de gasto superará os 10.000 millóns de euros.

O debate e a votación do Proxecto de lei de orzamentos xerais da comunidade autónoma de Galicia para o próximo ano será o único punto neste pleno.

Serán uns presupostos que superan os 10.000 millóns de euros e que inclúen novas rebaixas de impostos para os galegos, máis investimentos e, segundo di a Xunta, o maior gasto social da historia.

Sobre as rebaixas fiscais, dicir que se rebaixa o imposto sobre a compra de vivenda no 94% do territorio galego, nas zonas menos poboadas da comunidade. E sobre o gasto social, aumenta en 275 millóns de euros e permitirá incrementar o gasto directo en sanidade, ensino e políticas sociais, como escolas infantís ou a ampliación da Tarxeta Benvida.

Con estas contas, serán xa 40 anos consecutivos en que Galicia aproba uns orzamentos autonómicos, xa que os primeiros publicáronse no Diario Oficial de Galicia en 1981, ano en que tamén se aprobou o noso Estatuto de Autonomía.

Noticias web

17/12/2019