CRTVG

Buscar

Ortigueira vive a súa fin de semana máis importante do ano

Publicado o 13/07/2019 21:43

O prato forte chega pola noite, pero nas rúas da vila o ambiente é permanente. O Festival Folk máis importante do mundo cumpre 41 anos e faino cun programa completo e variado. Tanto os concertos como as actividades son de balde.

É o festival da xente, unha cita que non deixou de medrar nas súas catro décadas de vida. O que comezou como unha idea dun grupo de veciños desta vila coruñesa converteuse, co paso do tempo, nunha cita obrigada no calendario folk. Musica e bo ambiente durante as 24 horas do día.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/07/2019