CRTVG

Buscar

Orquestras e feirantes piden axudas urxentes para o sector

Publicado o 10/07/2020 15:13

Imposible ver as imaxes de multitudes este ano. As festas anuláronse pola covid-19, así que a nova normalidade parécese máis a isto. E iso que botamos en falta é o sostén de moitas familias galegas. Segundo Beti Camarero, propietaria dunha empresa de atraccións, poden ser unhas catrocentas empresas familiares as que están "con ingresos cero".

Os feirantes están nunha situación desesperada, e piden un rescate urxente para o sector.

Máis ou menos igual están as cousas para as orquestras. O presidente da asociación galega, Manuel Fariña, di que precisan axuda porque non van poder traballar, porque á xente "preocúpalle ir á festa, ponlle medo". 

Malia que poden traballar, na práctica non hai quen as contrate. E iso que algúns xa están preparados para volver con seguridade, coma os irmáns do grupo Unión y Fuerza: "A xente ten que vir toda con máscara, e temos a ocupación limitada para evitar a masificación". 

Levan meses sen ingresos e piden axuda para resistir ata que volva a festa.

 

Noticias web

10/07/2020