Orozco cualifica de "importante" derrota o resultado do PSdeG
Publicado o 13/07/2020 14:31

Primeiras críticas internas do socialismo galego a estes resultados. Xosé López Orozco, ex-alcalde de Lugo, di que ao partido lle fallou a estratexia e tamén o discurso ante a situación social e cualifica o resultado de importante derrota. Apunta que Caballero non foi quen de traducir en apoios nestas eleccións a onda de simpatía capturada polo partido nas tres eleccións celebradas en 2019.