'Orixe e destino Galicia': a pescada e bonito de Burela, nos paradores do Camiño
A orixe: o mar de Lugo e os portos a onde chegan as mellores pescadas do pincho e máis do 60% dos bonitos máis frescos. O destino: Santiago de Compostela, a través das rutas do Camiño. Peixes que viaxarán con todas as súas formas, cores, olores, sabores e texturas desde Navarra ata Estremadura seguindo o trazado dos paradores. Este ano mesmo chegará á fin do Camiño desde o parador de Muxía. Unha que campaña de promoción que arrancaba o ano pasado coa pescada do pincho e que este ano cambiou itinerarios.
A campaña lanzada pola Organización de Produtores Presqueiros de Lugo e Paradores que bota a andar nesta semana de Santiago desde o Hostal dos Reis Católicos. Dez semanas, nove paradores que difundirán catro mensaxes: a orixe, a da mellores lonxas; a arte de pesca, o anzó como arte selectiva; as múltiples posibilidade gastronómicas destes peixes; e as súas vantaxes como parte dunha dieta sa.
'Orixe e destino Galicia' é unha viaxe de ida e volta entre o mar e a terra que rematará en setembro, cando a pescada e bonito volvan con outros sabores novos.