CRTVG

Buscar

Oriol Junqueras non poderá saír do cárcere para recoller a acta de eurodeputado

Publicado o 14/06/2019 11:46
Oriol Junqueras non poderá saír do cárcere para recoller a acta de eurodeputado

O tribunal do 'procés' denegou a petición do ex-vicepresidente Oriol Junqueras de saír de prisión o 17 de xuño para acatar a Constitución ante a Xunta Electoral Central como eurodeputado electo, de maneira que non accederá á inmunidade que puidese bloquear ou atrasar a sentenza.

Nun auto, a Sala segue o criterio da Fiscalía e denega a solicitude de Junqueras porque o desprazamento a Bruxelas posterior poñería nun "irreversible perigo" os fins do procedemento xudicial, ademais de precisar que a perda do dereito de participación do líder de ERC non é "irreversible", senón temporal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí