CRTVG

Buscar

Oriol Junqueras diríxese aos nacionalistas en olograma

Publicado o 29/01/2019 21:04

Os presos independentistas do procés serán trasladados a Madrid para o xuízo que vai comezar nas próximas semanas no Tribunal Supremo. Oriol Junqueras é un deses presos, pero esta tarde puidemos ver o líder de Esquerra Republicana de Catalunya pronunciando unha conferencia preto do Palau Sant Jordi. Claro que foi en forma de holograma. Foron outros membros do partido os que lle puxeron voz ás súas reflexións sobre a estratexia política da formación independentista. Junqueras reitera que o 1 de Outubro marcou un antes e un despois e que seguirán loitando pola indepedencia de Cataluña.

Noticias web

29/01/2019