CRTVG

Buscar

A gota fría deixa xa seis mortos, os dous últimos en Orihuela

Publicado o 14/09/2019 21:41

A comunidade valenciana xa non está en alerta por chuvias dende as oito da tarde. Pero, con todo, o río Segura séguese desbordando en tres zonas. 

Son imaxes do rescate da sexta vítima mortal da gota fría. Un home de 41 anos que atoparon nun campo de Orihuela. Na localidade, zona cero destas chuvias torrenciais na Comunidade Valenciana, xa encontraran onte o cadáver doutro home de 58 anos, arrastrado pola riada.

Sobre Orihuela caeron máis de 500 litros de agua por metro cadrado en 48 horas, pero o peor veu cando se desbordou o río Segura, que tamén afectou moito outras localidades da Veiga Baixa. Os equipos despregados na zona, incluído o éxercito, rescataron máis de 450 persoas illadas polas augas. Algunhas levaban dous días incomunicadas, como Milagros, que foi liberada polos seus veciños.

Os danos na Veiga Baixa do Segura afectan vivendas, comercios, infraestruturas e tamén á agricultura e á gandería.

As imaxes que vemos agora son de Ontinyent, no sur da provincia de Valencia, tamén danado polas riadas. Os veciños botan parte da culpa do ocorrido ao estado dos ríos.

Recuperar a normalidade vai levar tempo. De feito, a situación está estabilizada pero aínda non controlada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2019