Organizacións educativas lamentan a falta de resposta da Xunta para avanzar na normalización do galego
Publicado o 26/11/2020 15:42
A Mesa pola Normalización Lingüística e outras entidades da comunidade educativa pídenlle á Xunta diálogo para avanzar na normalización do galego.
Din que traballaron nunha proposta que lle queren entregar ao conselleiro de Educación, pero lamentan a falta de resposta.
"Inicialmente foi silencio, máis nos últimos días foi unha agresividade inexplicable, en contra da lingua galega, utilizando como excusa unha modificación na liña educativa que, en calquera caso, non impide que esas competencias na cuestión lingüística sexan da Xunta de Galicia", dixo Marcos Maceira, voceiro da Mesa pola Normalización Lingüística.