CRTVG

Buscar

Orellas e filloas, os doces máis demandados no Entroido

Publicado o 17/02/2020 21:36

Están, coma quen di, no tempo e son unha delicia. Quen se resiste a comer unha filloa?

As orellas son as máis vendidas, por iso son as primeiras en aparecer nos andeis dos establecementos.

Isto de mercar os doces do Entroido é un costume recente, porque antes todo isto se facía na casa. Esta panadería do barrio vigués de Casablanca está nas mans da cuarta xeración. Son os primeiros da familia que os elaboran.

O surtido é moito máis variado: flores, vinchas, rosquillas, bicas... o Entroido doce xa está aquí.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2020