CRTVG

Buscar

Ordes, o segundo concello coa maior incidencia de toda Galicia

Publicado o 23/08/2021 14:58

"Imos saltar, evidentemente, ao nivel máximo. A hostalaría está moi preocupada, que son, sobre todo, clientes meus, estamos preocupados por volver para atrás. Estabamos moi ben e os concellos de arredor estaban peor ca nós, e agora a cousa disparouse coma nunca", comenta  Iria González, propietaria dunha froitería.

Non é a primeira vez que unha celebración pasa factura en Ordes. Xa sucedeu en abril, coa Festa do Champiñón, e agora a mecha prendeuse polas festas patronais.

"Home, era evidente, a xente nova é a xente nova, e ao convocar algo de festa e abrir o ocio nocturno, pois a expansión fíxose máis grande", apunta Iria.

A nova dun novo gromo correu como a pólvora e triplicou a venda de test de antíxenos.

"Veñen familias preocupadas por se estiveron en contacto, que se estiveron pola praza durante as festas, veñen preocupados por se son positivos", di Rita Iglesias Cardeso, farmacéutica. 

Preocupación tamén entre os hostaleiros. Teresa, que hai tan só 15 días que atopou un traballo de camareira, teme polo que lle poida pasar: "Empezas con ilusión outra vez, e claro, levas aquí 15 días e intentas outra vez remontar o traballo e claro atópaste agora con isto e pregúntaste que decisión van tomar, que pasará... á espera realmente, e con moita intriga".

Para Galucio tampouco está sendo un bo momento. Levaba un ano co seu pub pechado e abriuno xusto a fin de semana da festa. "Foi o primeira fin de semana que abrimos para volver pechar outra vez. Dende o xoves parece que a vila está soa".

Das 166 persoas que están contaxiadas, 2 están hospitalizadas e o resto evoluciona nos seus domicilios.

Noticias web

23/08/2021

Máis sobre Ordes