CRTVG

Buscar

Ordes entra en alerta vermella pola covid-19 e A Laracha e Monterrei rebaixan o nivel a laranxa

Publicado o 16/10/2020 14:39
Ordes entra en alerta vermella pola covid-19 e A Laracha e Monterrei rebaixan o nivel a laranxa

E o Sergas volveu actualizar os niveis de alerta dos concellos pola covid-19. Van dende o nivel 0, de cor verde, ata o 3, que marca a máxima alerta.

Hoxe son 11 os concellos en alerta vermella. Súmase á lista o concello coruñés de Ordes e rebaixan o nivel de vermello a laranxa o concello coruñés da Laracha e o ourensán de Monterrei.