CRTVG

Buscar

Ordenan analizar os restos xenéticos do crime de Alcásser coas novas técnicas de investigación

Publicado o 21/10/2021 21:05
Ordenan analizar os restos xenéticos do crime de Alcásser coas novas técnicas de investigación

Novidades no caso do crime das tres nenas de Alcásser a piques de que faga 28 anos, o vindeiro 13 de novembro. O caso segue aberto e o xulgado de Alzira que instrúe o caso busca agora indicios xenéticos como sangue e fluídos que poidan saír á luz cos actuais métodos de investigación. Para iso, mandou remitir pelo e outras evidencias do triplo crime descartadas hai 28 anos ao Instituto Nacional de Toxicoloxía e, igualmente, ordenou unha nova inspección dos coches dos dous acusados, Miguel Ricart e Antonio Anglés, este último en busca e captura pola Interpol desde entón. Ricart cumpriu condena e está en liberdade desde 2013.

Noticias web

21/10/2021