CRTVG

Buscar

Ordenan a volta de Juana Rivas ao centro de inserción para cumprir a súa condena

Publicado o 20/07/2021 16:31
Ordenan a volta de Juana Rivas ao centro de inserción para cumprir a súa condena

Ordenan a volta de Juana Rivas ao centro de inserción para cumprir a súa condena. Así llo fixo saber esta mesma mañá o Xulgado de Vixilancia Penitenciaria. Case un mes despois de obter o terceiro grao, recibiu a orde de ingresar de novo no Centro de Inserción Social Matilde Cantos, de Granada. Juana Rivas, condenada polo Tribunal Supremo a dous anos e seis meses de prisión pola subtracción dos seus dous fillos menores, estivo durante este tempo no seu domicilio e con control telemático.  
 

Noticias web

20/07/2021