CRTVG

Buscar

Orde de busca e captura de dous membros da Manada de Manresa

Publicado o 17/12/2019 20:40

A Audiencia de Barcelona dita orde de busca e captura contra dous membros da chamada Manada de Manresa. Os dous debían presentarse hoxe ante o tribunal, que debía decidir se ingresaban en prisión preventina ou non, a pesar de que a sentenza que os condenou por abusar sexualmente dunha menor aínda non é firme. Pero non apareceron, así que o tribunal deu orde de detelos para que ingresen en prisión.

Os outros tres condenados si compareceron, un este mesmo martes e os outros dous os pasados 11 e 17 deste mes.

Noticias web

17/12/2019