CRTVG

Buscar

Orde de afastamento para a muller que agrediu a súa nai, de 90 anos, en Meira

Publicado o 10/08/2018 14:04

A muller detida en Meira por agredir presuntamente a súa nai de 90 anos quedou en liberdade pero coa prohibición de aproximarse e comunicarse con ela. Así o decidiu o xulgado de Vilalba despois de que fora detida por un presunto delito de malos tratos habituais no ámbito familiar.

A suposta agresión produciuse nesta vivenda do barrio da Pena onde a muller vive de alugueiro. A nai estaba de visita e fora localizada no interior da propiedade pedindo axuda e cun golpe na cabeza e diversas contusións polas que estivo ingresada no hospital, pero xa foi dada de alta.

Os veciños da zona definiron a suposta agresora como unha muller conflitiva que xeraba constantes liortas e conta con máis dun cento de dilixencias por ameazas e delitos contra a honra e inxurias relacionados con conflitos veciñais noutras localidades onde residiu.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018