CRTVG

Buscar

Orchizo e orchichón, embutidos feitos con carne de cachena e estrugas en Celanova

Publicado o 12/10/2017 21:13

Unha carnicería de Celanova elabora os primeiros embutidos de carne de cachena e estrugas. Chámanse orchizo e orchichón, e son unha iniciativa dunha asociación que promove o consumo de estrugas, un bo conservante natural rico en ferro e vitamina C.

Este é o orchizo, un chourizo elaborado con carne de cachena e estrugas, e este é o orchichón que incorpora un pouco de verde á receita tradicional con carne de porco. Unha iniciativa da Asociación Estrugas de Celanova que fabrica unha carniceira da vila de xeito artesán. E con estes novos produtos poñen en valor a carne de vaca cachena, unha raza autóctona en perigo de extinción e tamén as propiedades das estrugas. 

A Asociación Estrugas de Celanova trouxo a idea dun embutido que tamén elaboran con estrugas en Portugal e o seu sabor, din, está gustando moito.  

O chourizo e o salchichón de estrugas custa dez e seis euros respectivamente. Hai uns días presentáronos no mercado do Xurés en Bande, onde tamén comercializan un queixo con estrugas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2017