CRTVG

Buscar

Optimismo no Celta para a visita ao campo do Valladolid

Publicado o 26/09/2020 21:30

Dúas xornadas, catro puntos e líder en tiros a porta, dous deles ao ferro contra o Valencia.

Óscar García, adestrador do R.C. Celta: "Somos o equipo que máis disparou logo de xogar contra o Eibar e o Valencia".

Atrás xa non hai dúbidas, con Mallo, Aidoo, Murillo, Olaza e Iván Villar moi solvente, mentres Rubén xa apura a súa recuperación.

TOT. Rubén Blanco, R.C. Celta. "Vexo ao equipo moi sólido e coas ideas claras".

Mediranse ao Valladolid, conxunto que, ata o momnto, so sumou un punto.

TOT. Óscar García, adestrador do R.C. Celta. "Os equipos de Sergio son equipos moi compactos".

Arriba, Mor, Nolito e Aspas intocables. Vadillo terá que agardar a súa oportunidade.

TOT. Óscar García, adestrador do R.C. Celta. "Vadillo xogará cando eu o poña".

Quen sabe se mañá terá minutos. Óscar non repetiú once inicial en 28 partidos como técnico celeste. Aspas so perdeu a titularidade contra o Xetafe e foi por unha sanción.


 

Noticias web

26/09/2020