CRTVG

Buscar

Optimismo entre os baleiros de Pontecesures na campaña da lamprea

Publicado o 21/01/2020 13:56

Xornada de botar as nasas no río Ulla. Din os baleiros de Pontecesures que a campaña comezou do mellor xeito.

José Barreiro, da Agrupación de Naseiros da Lamprea de Pontecesures explica que o primeiro día colleron sobre dez lampreas por embarcación. Iso si, nos últimos días tiveron que parar de traballar. O temporal obrigounos a manter amarrada a frota.

Pero esta semana as condicións son novamente favorables, debido ao anticiclón e á cantidade de auga que leva o río. Unhas 9 embarcacións traballan nestas augas, na procura de lamprea. O tempo para degustar este peixe ancestral, coñecido como a dama do Ulla, é limitado. A campaña finaliza, se as condicións son óptimas, a mediados de abril.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/01/2020