CRTVG

Buscar

Optimismo en Italia malia a repunta entre os máis novos polas festas do verán

Publicado o 10/07/2021 17:03

Italia mantén un ritmo baixo de contaxios e medidas laxas para frear a expansión do coronavirus. As autoridades manteñen o optimismo, xa que case o 40 % da poboación recibiu a pauta completa da inmunización contra a covid.

Iso si, existe unha certa preocupación polo incremento dos contaxios entre os novos polas festas de fin de curo e de verán e suma 1.000 contaxios diarios, unha cifra que non se superaba nas últimas dúas semanas.

 

 

Noticias web

10/07/2021